hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Benestar Social activa en Pontevedra o protocolo de emerxencia ante a baixada de temperaturas

Sociedad

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
dibujo   A Concellaría de Benestar Social Municipal vén de activar o protocolo de emerxencia meteorolóxica ante a inminente baixada de temperaturas que se está a anunciar.

As medidas máis importantes van dirixidas a aquelas persoas que pernoctan na rúa para que se acheguen aos albergues da cidade, ao de Cáritas, situado en Monte Porreiro, e o de Calor Café, na rúa Casimiro Gómez 21, baixo. No caso de que as prazas non sexan suficientes, os responsables dos albergues están en disposición de desvialos cara un hostal acordado polo Concello.

A concelleira de Benestar, Carmen Fouces lembra que “en Pontevedra, ningunha persoa ten porque pasar a noite na rúa durante esta ola de frío, xa que hai recursos suficientes para albergar as persoas que habitualmente fan uso deles”.

A Policía Local percorrerá a cidade informando a todas aquelas persoas que se atopen nesta situación das posibiidades de acudir aos albergues ou no seu caso, que se dirixan ao roupeiro de Cáritas e de Calor Café na procura de roupa de abrigo.

 

Escribir un comentario