hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Este venres arranca a programación de Noites Abertas 2012

Sociedad

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
banner1_550x358_041fc5576b6f4f99ac46bccaf180381e Este venres día 3 de febreiro dará comezo a 13ª edición do programa de lecer alternativo Noites Abertas. A Concellaría de Xuventude xunto con asociacións, clubes deportivos, e colectivos xuvenís propoñen este ano unha nova programación moito máis ampla e diversificada con 86 actividades diferentes, dando resposta á variedade de gustos e intereses que caracteriza á nosa mocidade. 

O venres a programación abrirase ás 20h. no Colexio Froebel cun Obradoiro de Comicidade (clown) a cargo da monitora e actriz Marián Bañobre. A partir das 21h. iniciaranse as actividades de Tenis de mesa e de Cociña mexicana, para logo continuar ás 21,30h cun obradoiro de elaboración de Limpadores Ecolóxicos a cargo de monitores da empresa Ventos Estudos Ambientais. A partir das 22h. dará comezo unha das actividades máis demandadas en todas as edicións deste programa, Bailes latinos, a cargo dun colectivo de mozos/as bailaríns.

Tamén o venres na Casa Azul ofertaranse as actividades de Fotografía: composición e saída nocturna a partir das 21h. e Danza contact a partir das 21,30h.

O sábado pola súa banda darán comezo as actividades no Colexio Froebel a partir das 20h con Patinaxe iniciación e un obradoiro de Calceta e ganchillo para facer un gorro. A partir das 21,30h. porase en marcha o obradoiro de Elaboración de Peluches con Calcetíns, para continuar ás 22h. co obrdoiro de Bolsos sen costuras e a actividade de Tenis de mesa.

Na Casa Azul o sábado comezarán as actividades ás 21h. cun obradoiro de reciclaxe creativa e a partir das 21,30h. outra sesión de Danza contact.

O pavillón Multiusos ofertará nesta primeira semana as actividades deportivas de Billarda e Fut-tenis a partir das 21h.

Lembrar que a maioría das actividades de Noites Abertas non requiren inscrición previa (só 7 de 86) e son totalmente gratuítas. Os/as interesados/as deberán informarse na Oficina de Xuventude, nas propias Noites Abertas ou no folleto da programación das poucas actividades que por motivos loxísticos requiren de inscrición.

Existe tamén o carné de socio/a de Noites Abertas que aínda que non é requisito para particpar no programa, si permite participar en sorteos de agasallos.

O obxectivo principal do programa Noites Abertas é ofrecer espazos de lecer e divertimento ao colectivo de mozos e mozas. Vai dirixido á xente nova de idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos (segundo horarios e actividades). O horario das actividades oscila entre as 20 e as 01h. e os/as mozos/as máis novos/as poden acudir nas primeiras horas do programa.

Escribir un comentario