En concreto, o programa –para o que xa está aberto o prazo de inscrición- desenvólvese nos ámbitos da Comunicación Audiovisual, Publicidade, Produción Artística, cultural e visual, Multimedia, Patrimonio ou Turismo aplicado á arte dixital, en Porto (Portugal), Bangor (Gales, Reino Unido), e Angoulème (Francia) e os mozos interesados poderán enviar a súa candidatura a Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla .
A iniciativa oferta doce estadías de quince a trinta días de duración que inclúen viaxe, aloxamento e manutención; e outras doce de tres ou catro días para asistir á certames internacionais, feiras internacionais ou exposicións.
O obxectivo desta actividade é fomentar a formación dos mozos profesionais, nun contexto europeo, axudando á realización de estadías en empresas, asociacións e institucións doutras rexións de Europa, con fin de favorecer o fortalecemento e a creación de redes empresariais desde o espazo atlántico e ofrecer aos participantes prácticas profesionais, adquisición e uso de coñecementos, competencias e cualificacións con vistas ao desenvolvemento persoal, a empregabilidade e a participación no mercado laboral europeo.Como prioridades deste programa tamén está promover a mobilidade europea da mocidade creadora galega, apoiar as melloras da calidade e a innovación e a súa transferencia entre distintos países, promover a aprendizaxe de idiomas nun contorno empresarial, adquirir autonomía persoal e mellorar a capacidade de traballo con persoas de distintos contornos culturais.
O espazo de cooperación do territorio que cubre este programa comprende as rexións de Poitou-Charentes en Francia, norte de Portugal, País de Gales do Reino Unido, e Galicia. A prioridade do proxecto é a de promover redes transnacionais empresariais e de innovación, pero non só se centra na innovación científica e técnica, senón tamén noutros elementos da economía actual do coñecemento, como novos tipos de servizos empresariais ou técnicas de márketing innovadoras, con especial consideración pola dimensión transnacional destas prácticas.
Mais Información: 981 54 10 10.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















