Trátase dunha convocatoria á que acostuman a acodir uns 70 deportistas, case todos acompañados doutras persoas, o que move arredor de 150 cidadáns que estarán na cidade toda a fin de semana. A proba consta de duas carreiras.
Unha contrarreloxio entre Aguete e o centro de Marín, e outra en competición entre Marín, Pontevedra, Poio e Sanxenxo, con regreso á capital, onde rematará na praza de España, se ben os circuítos aínda están concretándose coas autoridades de tráfico do Estado e municipais. A organización corre a cargo do Colexio Oficial de Médicos e o alcalde anuncioulles todas as facilidades que a cidade poida prestar a esta competición deportiva.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















