hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Membros da Policía Autonómica especialízanse en rescate en ríos, riadas e inundacións

Sociedad

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

170711_UPA-_curso_rescate_rios_riadas_6 Un total de 11 membros da Unidade de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia veñen de participar nun curso de rescate en medio acuático que deu comezo o pasado martes 12 de xullo, cunha duración de 40 horas que se distribuíron en xornadas de traballo dende as 09:00h ás 18:00h. Aos alumnos requiríaselle ter coñecementos previos de natación e preferiblemente de rescate e salvamento así como un mínimo de condición física e non padecer enfermidades, doenzas ou defectos físicos que lle impidan ou comprometan a súa seguridade durante a realización dos exercicios.

170711_UPA-_curso_rescate_rios_riadas_8

En primeiro lugar, recibiron formación sobre a parte teórica na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), na cal se explicaron os conceptos necesarios para coñecer o medio no que se desenvolverá a parte práctica, o material a empregar, as distintas técnicas de traballo, e as consignas de seguridade pertinentes.

Despois dunha pequena introdución, tratáronse temas como a hidroloxía, a dinámica da auga e a inundación, o equipamento de protección do persoal e de rescate, a filosofía do rescate, opcións de rescate, xestión de inundacións e medios materiais tales como embarcacións, bombas de achique e descontaminación masiva.

Posteriormente, describíronse e practicáronse en terra as  diferentes técnicas de emprego de cordas de rescate, vadeos, etc. así como no relativo ao material e empregar, os seus usos e limitacións. Fixéronse prácticas con eles ata que os alumnos se atoparon en condicións de utilizar os medios e as técnicas aprendidas no medio natural, facéndose uso para iso das posibilidades  do lugar. Así mesmo, establecéronse as ,medidas e condutas de seguridade necesarias para a realización das preceptivas prácticas no río.

170711_UPA-_curso_rescate_rios_riadas_5

Do mesmo xeito, continuouse cos traballos na auga, que seguindo coas técnicas e manobras básicas de desenvolvemento no medio acuático para afondar nas distintas técnicas de rescate.

Nesa liña, e para demostrar ter adquirido os coñecementos básicos durante o desenvolvemento do curso, expúxose un suposto de rescate que os alumnos tiñan que solucionar utilizando para iso o aprendido ó longo dos días anteriores.

Escribir un comentario