hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Meteogalicia advirte que o territorio galego está inmerso nun episodio de seca polas escasas precipitacións

Sociedad

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

dibujo-de-desierto

Galicia atópase inmersa nun episodio de seca que comezou coa extraordinaria escaseza de precipitacións en primavera e inicio do verán de 2011. Segundo consta nos datos de MeteoGalicia, a situación mellorou de forma transitoria polas chuvias de outubro e novembro. Sen embargo, as escasas precipitacións dos meses de decembro de 2011 e xaneiro de 2012 –que adoitan ser os máis chuviosos do ano- fan que nos atopemos nun episodio de seca que xa comeza a notarse de forma acusada cando considéranse valores de chuvia acumulados en 12 ou 24 meses respecto aos valores climáticos. Ademais, no que levamos do mes de febreiro, as precipitacións non foron abundantes e as previsións parecen indicar que resulte un mes seco.

Segundo ano máis seco do último medio século

2011 é o segundo ano máis seco na historia da serie rexional considerada, cunha anomalía un 32% inferior al valor normal. Ademais os catro anos máis secos desta serie acadáronse no que vai do século XXI, sendo o 2007 o máis seco do último medio século.

O Índice de Precipitación Estandarizada (SPI) reflicte o grao de seca dun territorio e permite fixar o comezo e fin dun episodio de seca, así como a súa intensidade. O SPI calculado a partires dos datos de chuvia acumulados en 12 meses confirma que Galicia está nun episodio de seca dende mediados do ano 2011 como consecuencia da escaseza de precipitacións na primavera. A seca afondouse dende o mes de novembro, e xa o valor do SPI-12 do mes de xaneiro indica que estamos nun episodio extremadamente seco. Isto é así para toda Galicia sendo menos acusado na provincia de Ourense e máis acusado na provincia de A Coruña.

Previsións para primavera

Os modelos de predición estacional, tanto da axencia estadounidense (NOAA) así como a MetOffice británica, indican unha maior probabilidade de que as precipitacións en primavera sexan normais o por debaixo do normal, aínda que dende MeteoGalicia avisan de que hai que ter en conta que este tipo de predicións han de ser tomadas con reserva.

Comentarios  

 
+1 #1 Enma Suarez 19-02-2012 15:38
El monte es una fuente natural de vida con (biodiversidad) árboles, que con sus raíces mantienen y guían los caudales del agua de la lluvia como regulador,son como esponjas para llenar los ríos de vida y que a su vez sirven para saciar de sed a las personas en sus hogares,,,No se les puede meter en las mochilas a los/as brigadas antiincendios despedidos, mecheros, tabaco,,, porque no saben que en el monte hay naturaleza, animales invertebrados, y los vertebrados: mamíferos, aves, reptiles, anfibios, y un etc., ¿pero vais acabar con este planeta,,,solo a cambio de un puñado de euros ? DIOS mío estamos en manos de DEMONIOS, solo el decidirá si le conviene seguir con su acuario o olvidarse de él. El monte no arde en pleno SOL,JAMÁS,,,sol o arde si se le planta fuego,,,Los mejores aliados para acabar con la destrucción es la Unidad Militar de Emergencias del Ministerio de Defensa .
Citar | Reportar al moderador
 

Escribir un comentario