hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O Concello de Vigo ensalza o traballo dos profesionais de RNE nos seus 75 anos de vida

Sociedad

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
RNE cumpre 75 anos e Vigo é unha das cidades que a emisora elixiu para instalar a plataforma intinerante de 140 metros cadrados coa exposición "RNE, contigo". O Concello de Vigo felicitou aos "excelentes" profesionais da "radio de todos" polo traballo que veñen desenvolvendo a prol da información con vocación de servizo público, veraz e obxectiva".
O rexedor vigués, Abel Caballero, visitou este luns a exposición coa que esta emisora pública fai un repaso da súa historia, instalada na Praza de Compostela.
Con esta parada na cidade, a mostra segue o seu percorrido por Galicia, dentro do itinerario que levará a esta plataforma a máis de 50 cidades españolas durante máis de tres meses.

Escribir un comentario