hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O Concello entrega este venres os premios Cidade de Pontevedra 2012

Sociedad

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
DSC-0039_566x378_86a3f78543e7726617db8cb2aadc52dc Pontevedra entregará este venres, 20 de xaneiro, no Teatro Principal os premios Cidade de Pontevedra 2012 á profesora Luísa Márquez e á asociación Xuntos. Será no transcurso dun pleno de honras presidido polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e coa presenza de toda a Corporación.

O pleno comezará ás 13.00 horas coa entrada no patio de butacas da comitiva formada pola concelleira de Cultura, Anxos Riveiro (carteira encargada da entrega e organización do premio) xunto aos dous premiados, que son recibidos polo alcalde no centro do escenario.

Está prevista a intervención do gaiteiro Óscar Ibánez, para dar paso á entrega dos premios: primeiro á premiada na categoría de persoa física e logo a de persoa xurídica, que recollerá o presidente da asociación Xuntos. A continuación, os dous premiados dirixirán unhas palabras ao público, para rematar cun breve discurso conmemorativo do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.

O acto remata cunha breve actuación musical do cuarteto da Banda de Música de Pontevedra, e do gaiteiro Óscar Ibáñez que interpretará o Himno galego.

Cabe lembrar que o xurado cualificador dos premios acordou entregar os Cidade de Pontevedra á:

Persoa física:

Luísa Márquez Rodríguez a proposta da Asociación de nais e pais do IES Luís Seoane de Monte Porreiro. Entre os méritos que glosa a proposta destaca: “A profesora Luisa Márquez desenvolve o seu labor profesional o IES Luís Seoane dende hai 21 anos. Ademais do seu labor profesional, neste centro encárgase deste xeito estable de dúas actividades fundamentais para o centro: o comité UNESCO e o grupo de teatro “Fiuncho”. O seu labor é moi intenso durante os últimos 19 anos, ao longo dos cales ten acumulado moitos premios e recoñecementos. Entre eles, salientar o premio Marta Mata do Ministerio de Educación. Son numerosos os relacionados coa súa actividade nas Escolas da UNESCO. A Rede P.E.A é a Rede de Escolas Asociadas á UNESCO na que está integrado o IES Luís Seoane desde novembro de 1997. Luisa Márquez é, dende aquela, responsable de todos os proxectos, ademais de coordinadora galega da rede P.E.A desde 2003, e membro do equipo de coordinación estatal das Escolas Españolas Asociadas á UNESCO.

Ademais dun amplo curriculum cos méritos desta profesional, a proposta da ANPA do Luís Seoane destaca “ao marxe do listado máis ou menos completo dos seus méritos e premios, ou quizais de xeito parelelo a el, desde ANPA queremos salientar o significado humano e educativo dese listado, as súas consecuencias para os nosos alumnos e alumnas e para as súas familias. Os nosos fillos están en contacto con outros rapaces de Hispanoamérica, África, doutros lugares de Europa a través de correos electrónicos e postais, intercambiando con eles información, fotografías, intereses, participando con eles en proxectos de gran calado humano, social e histórico; salientando o que os une, o que os irmanda, o que os fai máis parecidos a pesar de seren tan diferentes­… Educar non é soaemente o que ven nos libros, e iso sábeo moi ben Luísa Márquez Rodríguez, pioneira da educación inclusiva. Luísa é quen de transmitir todo aquilo que non vén nos libros e espertar nos seus alumnos un espíritu crítico e sobre todo de traballo en equipo.

A candidatura de Luisa Márquez Rodríguez conta cos apoios da Asociación de Veciños El Mirador, Consello escolar IES Luís Seoane, Rede Plan de Escuelas Asociadas de la UNESCO, Federación de ensino sindicato comarcal CC OO, director IES Luís Seoane, Escola Viva (Movemento de renovación pedagóxia), Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e FANPA-Pontevedra.

Categoría de Persoa Xurídica:

Asociación de pais e persoas con síndrome de Down "Xuntos" a proposta de Asociación Juan XXIII. A proposta recolle “esta entidade conta cunha extensa traxectoria na dinamización e potenciación de servizos e actividades de apoio dirixidas ás persoas con Síndrome de Down de Pontevedra co obxecto de mellorar a súa calidade de vida. Todos os logros conseguidos neste eido son sempre grazas ao esforzo, implicación, tenacidade das persoas que conforman Xuntos.

Down Pontevedra ten como fin xeral mellorar a calidade de vida das persoas coa Síndrome de Down ou outra discapacidade intelectual. Para acadar este obxectivo, centra os seus esforzos e actuacións na consecución dos seguintes fins: fomentar a constitución de asociacións en aqueles lugares nos que non se cubra a atención das persoas con síndrome de Down, estimular as relacións entre os seus membros, impulsar e potenciar os obxectivos e as actividades dos seus membros, estudar e promover disposicións legais que garantan os dereitos das persoas con síndrome de Down e outros tipos de discapacidade intelectual, establecer programas e accións encamiñadas a promover estudos científicos sobre a síndrome de Down, promover e realizar campañas de información e mentalización social para difundir o coñecemento e a realidade das persoas coa Síndrome de Down…

Para prestar os apoios necesarios ás persoas, Xuntos desenvolve programas nas seguintes áreas:

  • De atención temperá
  • De educación
  • Formación e emprego
  • Vida adulta e independente
  • Complementaria
  • Transversal

o     Programa de familias

o     Programa de sensibilización

Escribir un comentario