hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O Concello presente este xoves no Teatro Principal o programa Pontevedra Participa!

Sociedad

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

imagenes_RAIMUNDO_ff8f0b56 O alcalde de Pontevedra convida a todas asociacións e colectivos do municipio a asistir ao encontro que se celebra hoxe xoves 7 de xullo, ás 21,00 horas no Teatro Principal para dar a coñecer Pontevedra participa!, unha iniciativa propia para o tempo político que se está a vivir, que pretende rexenerar a democracia participativa abrindo novas canles de información á cidadanía, para acadar unha profunda participación cidadá no concello.

Pontevedra participa! é unha resposta a unha demanda, e unha necesidade do goberno para conseguir un maior compromiso de todos nos asuntos de interese do municipio. Para iso o Goberno Local, co alcalde á cabeza, pon en marcha esta iniciativa que fomentará a calidade democrática, a cohesión social, permitirá un desenvolvemento equilibrado do territorio e, en definitiva, unha mellor calidade de vida para todos os habitantes deste concello.

Para isto, creouse unha estrutura de participación en barrios e parroquias. Raimundo González será o concelleiro coordinador da área rural e Luís Bará, da  área urbana. A súa vez, haberá delegacións específicas para cada unha das zonas. Deste xeito, Pilar Comesaña será a responsable de Lérez, Alba, Campañó e Cerponzóns; Demetrio Gómez de Marcón, Verducido, Salcedo, Lourizán, Bora, Santa María de Xeve e Santo André de Xeve; Raimundo González de Ponte Sampaio, Canicouva e Tomeza; Anxos Riveiro de O Burgo, Centro Histórico e A Moureira; Carme Fouces de San Xosé, Campolongo e Mollavao; e Luís Bará de Mourente, ademais do resto da área urbana.

Será un acto aberto a todas as asociacións e colectivos de todos os ámbitos para presentar o novo modelo de participación territorial; presentar os concelleiros e coordinadores de area; presentar as liñas de actuación municipal para os próximos catro anos; informar sobre as diferentes canles de participación; e presentar o calendario de traballo para os próximos meses.

Luís Bará, responsable da área urbana, explicou que "pensamos que esta é a maneira de plasmar o compromiso de participación, unha das claves do discurso de investidura do alcalde o pasado 11 de xuño".

Na imaxe: Raimundo González, coordinador da área rural.

Escribir un comentario