Segundo explicou, nos datos reflíctense que o principal aumento concéntrase no sector servizos debido en boa parte ao remate da campaña do Nadal.
Díaz López apuntou que obviamente esta é unha cifra “negativa”, dado que hai un aumento do paro. Con todo, indicou que se segue rexistrando unha contención na destrución de emprego a nivel interanual. Neste sentido, lembrou por exemplo o dato rexistrado entre xaneiro de 2008 e 2009, no que o incremento interanual foi de 40.154 persoas.
Neste mes de xaneiro, Galicia foi a novena comunidade autónoma onde menos medrou o paro interanual, así como a duodécima na que menos aumentou o paro intermensual.
Por colectivos, o desemprego aumentou en todos eles, especialmente no sector servizos (+9.132); seguido pola construción (+1.877); a industria (+1.238); o colectivo sen emprego anterior (+614) e a agricultura e a pesca (+189).
Nos datos por provincias, reflíctese que o desemprego aumentou en todas elas. A Coruña foi a que rexistrou un maior incremento (+5.059). A continuación situouse Pontevedra (+4.250); Lugo (+1.978) e Ourense (+.1763).
Xa no ámbito dos datos estatais, España rexistrou no mes de xaneiro un total de 4.599.829 persoas desempregadas, o que supón un incremento de 177.470 (+4,01%).
No mes de decembro, rexistráronse en Galicia un total de 47.469 contratos, 189 contratos menos que no mes anterior; deste total, 3.702 foron indefinidos (7,8%) e 43.767 temporais (92,20%).



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















