![]()
Visitas en xullo
Esta semana visitaron o espazo natural membros de dúas institucións da cidade de Vigo, os Hermanos Minisioneros de los Enfermos Pobres (institución relixiosa que ten por obxecto atender ás persoas que se atopan en risco de exclusión social) e o Comedor da Esperanza (órgano pertencente á Fundación Casa Caridad de Vigo – Hogar San José, encargado de ofrecer asistencia alimentaria a todo aquel que o necesite).
O día 30 deste mesmo mes continuarán as visitas guiadas grazas a este convenio entre o Parque Nacional das Illas Atlánticas e a ONG Solidarios Anónimos. Nesta ocasión os visitantes forman parte da Asociación de Párkinson de Vigo, entidade que leva dende o ano 2003 atendendo sen ánimo de lucro ás demandas dos afectados por esta enfermidade, facendo especial fincapé na reivindicación de inserción social dos seus membros na sociedade galega.
Integración naturalA necesidade de inclusión destes colectivos na sociedade leva a que dentro destas visitas guiadas se organicen unha serie de actividades coa fin de dinamizar a inserción social, tendo en conta o contacto co medio natural. Deste xeito, cabe salientar o desenvolvemento de iniciativas que fomenten o respecto á natureza, a confección de folletos e outras ferramentas sensoriais para discapacitados visuais, así como xornadas didácticas de interese social e medioambiental capaces de promover accións de integración natural para todos os públicos sexa cal sexa a incapacidade ou situación do afectado.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















