hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O PP Provincial de Pontevedra celebrará misas en memoria de Manuel Fraga nas principais áreas comarcais

Sociedad

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
_fraga1_e050c8ae
O PP provincial de Pontevedra celebrará a partir deste sábado misas funerais en memoria do presidente fundador do Partido Popular, D. Manuel Fraga Iribarne, nas principais comarcas da provincia de Pontevedra.

Ante a demanda dos afliados de rendirlle a súa última homenaxe a D. Manuel Fraga, e ante as mostras de cariño e tristeza que nestes días amosaron todos os simpatizantes do Partido Popular, desde o PP Provincial decidiuse a celebración de misas nas principais áreas da provincia, que conta actualmente co maior número de afiliados ao Partido Popular de Galicia.

Desta maneira todos os pontevedreses que non poidan asistir ao funeral oficial que terá lugar o próximo sábado na Catedral de Santiago poderán despedirse do que se considera o pai do PP nas misas que se oficiarán en Lalín, Cambados, Pontevedra e Vigo e nos que está previsto que acudan os alcaldes dos concellos veciños.

O presidente provincial do populares, Rafael Louzán, incidiu en que se o Partido Popular é hoxe o que é débello a quen foi o seu presidente fundador, tanto por ser quen de dotalo dunhas bases ideolóxicas sólidas como por ser quen de impulsar a unión do centro dereita.

Louzán destacou ademais a estreita vinculación de D. Manuel Fraga con todos os pontevedreses, desde as xentes do mar ás do interior que este días amosaron o seu máximo respecto e cariño polo que foi o presidente da Xunta de Galicia.

Cabe recordar que D. Manuel Fraga asistiu ás 59 edicións celebradas da Festa do Albariño, excepto á celebrada o verán pasado ao verse impedido por problemas de saúde.

O alcalde de Cambados Luis Aragunde recordou que “D. Manuel Fraga foi un dos principais impulsores da D.O Rías Baixas e o creador do Parador de Turismo do Albariño de Cambados na súa etapa como ministro de Turismo. A súa vinculación co Salnés veuse ademais plasmada na súa defensa dos mariñeiros e viticulatores.

HORAS E LUGAR DAS MISAS

LALÍN- Sábado 20 ás 20.00 h. Na Igrexa Parroquial de Lalín

VIGO- Luns 22 ás 19.00h. na Colexiata de Santa María (Hora por confirmar ao longo desta tarde)

CAMBADOS- Luns 22 ás 20.30 na Igrexa parroquial de Cambados

PONTEVEDRA- Martes 23 ás 20.00h. en Santa María

Fuente fotografía: www.heraldo.es

Escribir un comentario