hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O programa municipal de ocio xuvenil e infantil Ponteverán continúa coas súas múltiples actividades

Sociedad

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

acbg Hoxe venres 29 concluirá ás 14h. da tarde no Colexio Álvarez Limeses a segunda quenda do Campamento Urbano, onde participaron 50 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos. En total son xa 150 os nenos e nenas que levan participado nos campamentos municipais que organiza Ponteverán dende a Concellaría de Xuventude. O luns día 1 darán comezo os 2 últimos campamentos do programa para este ano, o campamento polideportivo onde están inscritos 60 nenos/as de entre 10 e 15 anos, o campamento de Salcedo onde participarán 30 nenos e nenas de entre 8 e 12 anos.

As características do campamento polideportivo fai necesaria unha reunión previa do equipo de monitores e monitoras  cos pais e nais para ultimar detalles organizativos antes do seu iniciación. Esta reunión terá lugar este venres día 29 ás 20h. no Pavillón Municipal dos Deportes.E para os maiores de 16 anos, este domingo día 31 de xullo o protagonismo é para o piragüismo. Un grupo de 15 mozos e mozas partirá na ruta de kaiak dende Pontesampaio ata a Illa de San Simón, onde realizarán unha visita cultural polas súas dependencias. Logo retornarán ata o río Verduxo, para remontar o río ata a Soutomaior. Esta actividade estará guiada polo Club de Piragüismo de Vilaboa.

Por outra banda, outro grupo de 25 mozos e mozas participarán co Club de Piragüismo Río Verduxo de Pontesampaio, na ruta en piragua polo Miño dende Salvaterra ata onde acudirán en autobús.

E o luns día 1 tamén comezarán novos cursos dentro da programación de Ponteverán 2011. Tras o éxito do curso de fotografía que rematou esta semana e onde participaron 22 mozos e mozas de 16 a 30 anos, dará comezo xa o curso de astronomía onde 18 mozos e mozas se iniciarán nesta materia dende o día 1 polas mañás na aula da Casa Azul dende as 10 ata as 12h. para rematar o venres 5 cunha observación astronómica ao aire libre, que continuará logo o día 12. 

Tamén o luns 1 comezará en Pontesampaio o último dos 3 cursos de iniciación ao piragüismo impartido polo Club Río Verduxo e no que participarán 12 rapaces e rapazas entre os 9 e 15 anos.

E por último, tamén o luns día 1 a partir das 9h. na aula de informática da Casa Azul dará comezo o curso de informática "Iniciación ao OpenOffice" no que están inscritas 18 persoas entre os 16 e os 30 anos.

A Concellaría de Xuventude lembra que Ponteverán mantén aberto o prazo de inscrición para as actividades de Paddle Surf, estadía en Pena Trevinca, rutas en kaiak de mar, a Aula Folque infantil e Formación de Músicos emerxentes.

Pódese consultar a programación na web www.ponteveran.info ou chamando á Oficina de Xuventude ao 986 840367 situada na Casa Azul, rúa Sor Lucía, 2, 3º andar.

Mencionar que todas as actividade do programa Ponteverán contan con cotas populares moi reducidas e descontos importantes para familias numerosas, familiares directos e mozos/as con Carné Xove. Ademais de reservarse, como cada ano, un 10% das prazas para familias usuarias dos Servizos Sociais municipais.

Escribir un comentario