hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Os bares e panaderías da Zona Monumental de Pontevedra ofrecerán productos típicos do Entroido

Sociedad

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

orellas Nas próximas festas do Entroido en Pontevedra, que comezan o venres 17 de febreiro, como coordinadores das xornadas gastronómicas, dende o Centro Comercial Urbano Zona Monumental, o igual que nos anos anteriores, desexan seguir potenciando os pratos e os postres típicos desta época, potenciar aínda mais o Entroido pontevedrés, revitalizar a Zona Monumental, promover e facilitar a degustación dos nosos pratos tradicionais, e claro está, publicar os establecementos que colaboren nesta campaña. .

 

Para participar nesta “campaña” de imaxe e promoción do noso ENTROIDO e do noso entorno, só teredes que ofrecer – durante a semana de ENTROIDO (do 17 o 26 de febreiro) - o menú tradicional ou un que xire en torno a el. O menú ofrecerase nos xantares e ceas ou para só un deles. Aqueles establecementos que non teñan condicións para ofrecer menú, poden sumarse ofrecendo tapas e/ou pinchos típicos do ENTROIDO (lacón, chourizo, grelos, tódolos ingredientes do cocido, orellas, filloas…)

O Concello publicará os establecementos participantes en tódolos medios posibles (prensa, radio, material impreso…), de balde.

Todos aqueles que estades interesados en participar e así publicar o voso local de forma gratuita, no folleto que o Concello confeccionará debedes anotarvos antes do venres 20 de xaneiro chamando o teléfono 986 866530 – 685 896569- 685 677310 ou dirixíndovos a oficina da asociación, (na dirección que aparece adxunta na parte inferior do folio), e dalos vosos datos así como os pratos ou tapas que se poderán degustar no establecemento.

Escribir un comentario