O sindicato da Policía Nacional, Unión Federal de Policía, en colaboración co Concello de Mos organiza un curso de adestramento canino que se imparte dende onte no Parque Municipal de Bombeiros de Mos e cuia clausura terá lugar este venres.
O contido do curso baséase en adestramento de obediencia, corrección de conductas e iniciación en psicoloxía canina, e vai dirixido a todo tipo de público, aínda que coincidiu que neste curso impartido en Mos os participantes son todos homes e mulleres policías, tanto nacionais coma locais. Trátase dun curso básico centrado sobre todo en corrixir malas conductas e costumes dos cans e dos seus donos, así coma reforzar a obediencia por parte dos cans. O adestrador que está a impartir este curso en Mos é tamén policía nacional de profesión.
Este curso que se está á desenvolver en Mos e que esta mañá visitaron a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente e responsable de Protección Civil, Julia Loureiro, acompañadas polas edís Sara Cebreiro e Kely Monzón, conta cun total de 25 cans participantes, acompañados dos seus correspondentes 25 donos. Os donos destes 25 animais son, tal e como se mencionaba anteriormente, 20 policías nacionais e 5 policías locais, todos procedentes do veciño municipio de Vigo.
Os cans participantes son todos cans de compaña propiedade de policías, ningún é can policía, e as razas máis abundantes entre os inscritos no curso de Mos son o Pastor Alemán e o Golden Retriever; tamén participan exemplares doutras razas como Boxer, Setter Inglés, Bichón Maltés, Can Español de Augas, Westy e Malinois.
O horario no que se celebra este curso durante os seus tres días de duración é de mañá. A primeira mañá, dividiuse á metade entre formación teórica e práctica; mentres que hoxe e mañán inícianse as clases cunha pequena introducción teórica para pasar posteriormente a adicar a meirande parte do tempo a nocións prácticas. Hoxe, venres 17 de febreiro, remata este curso cunha clausura na que se fará entrega ós participantes dos seus respectivos diplomas. O curso de adestramento canino, e por ende o diploma que acredita a súa realización, aporta puntuación válida dentro do baremo dos corpos de Policía.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















