Así, na ría pontevedresa desenvolvéronse diferentes actuacións que deron como resultado o comiso de 181 nasas, case todas de nécora, 6 pezas de trasmallos e 274 quilos de diferentes especies. Nas zonas de Sanxenxo, Pedras Negras e San Vicente do Mar, os xentes requisaron 39 nasas e 180 quilos de diferentes especies, na súa maioría centola, nécora e lumbrigante. Na Ría de Aldán e Illa de Ons requisaron 6 pezas de trasmallos sen identificar e nos portos de Beluso, Bueu e no porto de Aguete aprehenderon 142 aparellos, case todo nasas de nécora e 94 quilos de nécora, e polbo, que foron devoltos ao mar.
![]()
A Ría de Arousa tamén foi escenario de diversas actuacións que se saldaron coa incautación de 175 útiles e o comiso de 581 quilos de diferentes peixes e mariscos. Por unha banda no Porto do Xufre e San Xulián, os inspectores fixéronse con 75 quilos de ameixa, 47 quilos de ostra, 197 quilos de nécora ovada, 27 quilos de relo, 40 quilos de vieira e 33 de lumbrigante ovado. Todas as especies foron devoltas ao mar. Ademais nesas zonas requisáronse 175 aparellos, dos que 140 eran nasas de nécora sen identificar. Por outra banda, nos pantaláns do Grove e de Vilanova de Arousa, os operativos deron como resultado o comiso de 162 quilos de diferentes especies, sobre todo de centola e nécora.
Ademais, en Rianxo e Cabo de Cruz un operativo conxunto saldouse coa incautación de dous traxes de neopreno, o comiso de 36 quilos de berberecho de talla antirregulamentaria, que foi resembrada na zona, e a identificación de dúas persoas. A maiores realizáronse dous controis de mergullo, un en Aguiño e Castiñeiras e outro na Pobra do Caramiñal e Escarabote. No primeiro identificáronse a dúas persoas e requisáronse 10 quilos de centola e 5 útiles, ente eles unha zódiac. No segundo os gardacostas aprehenderon 134 quilos de ameixa, nécora e outras especies e 67 aparellos, na súa maioría nasas de madeira e de ferro tipo nécora.
Cabe lembrar que a partir de este pasado miércoles 1 de xuño, comezou a campaña da centola que se estenderá ata o 31 de agosto. Durante o período de veda desta especie, nos meses de abril e maio, os gardacostas requisaron un total de 524 quilos deste crustáceo.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















