Os sindicatos lembran que hai milleiros de empregos en xogo pola falta de carga de traballo e os problemas de financiamento derivados da paralización do sistema de cobertura fiscal Tax Lease.
![]()
Por outra banda, a sección sindical da CIG no estaleiro vigués Barreras acordou manter o peche nas instalacións até o vindeiro xoves 14, día en que terá lugar o paro de tres horas convocado polas tres organizacións sindicais.
Un grupo de traballadores da empresa que vén de anunciar suspensión de pago permanecen pechados no interior da fábrica para reclamar unha solución. Boa parte dos 130 integrantes do cadro de persoal secunda as protestas, ás que tamén se sumaron en sinal de apoio moitos xubilados da empresa.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















