Ao longo do seu percorrido, Rosa Quintana comprobou os programas de prevención e extinción de incendios postos en marcha polo departamento que dirixe así como a incorporación dos medios humanos e materiais á prevención activa dos lumes.
Dende a Consellería do Medio Rural e do Mar lémbrase a necesidade de atender á prevención activa dos lumes a través de medidas conxuntas entre as administracións, reforzando os freos da problemática do monte, o fraccionamento da propiedade, o apoio á comunidades de montes ou a ordenación da gandería a través da Lei de Montes, que se presentará en breve.
Base do Campiño
As instalacións están situadas na zona central da provincia de Pontevedra. Este feito confírelle unha posición estratéxica, tanto para atender lumes en calquera punto da provincia como para servir de centro de formación e divulgación.
A base ocupa unha parcela de aproximadamente 1,2 hectáreas. Esta superficie divídese en 3 chanzos, na parte superior está a plataforma para a aterraxe dos helicópteros, no segundo nivel atópanse as oficinas coa emisora e no derradeiro as instalacións para o persoal, o campo de adestramento e o aparcamento.
O persoal que forma esta unidade de helicópteros está composto por un axente forestal, un capataz forestal, 9 brigadistas, 2 pilotos e un mecánico do helicóptero.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook
















Comentarios
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.