hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Unhas 10.000 persoas coñeceron en Oporto, Oviedo, e Salamanca os atractivos turísticos de Pontevedra

Sociedad

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
TURISMO_PONTEVEDRA_EN_GETAFE3 A campaña de promoción turística de Pontevedra que comezou en xuño en cidades do Centro e Noroeste da Península Ibérica conclúe este venres, día 8, na localidade madrileña de Getafe.

A concelleira de Turismo, Carlota Román García, está moi satisfeita dos resultados acadados xa que máis de 10.000 persoas recolleron ata hoxe información no stand de “Visit-Pontevedra” ou participaron nas degustacións de tapas e cócteles sen alcohol organizados dentro do operativo promocional en céntricas prazas das cidades escollidas.

Carlota Román destaca especialmente a gran acollida popular en Oviedo, onde houbo moito interese tanto á hora de visitar o stand como de participar nas actividades gastronómicas, que contaron coa presenza do expresidente e fundador da Asociación Asturiana de Xornalistas e Escritores de Turismo, César Álvarez. Na capital asturiana obtivéronse os maiores tempos de visita ao stand e, ademais, comprobouse un maior coñecemento de Pontevedra por parte dos visitantes.

TURISMO_PONTEVEDRA_EN_GEFAFE

O periplo comezou en Oporto entre os días 9 e 11 de xuño, na praça Parada Leitao e continou por Oviedo no paseo do Bombé entre o 16 e o 18 de xuño. A seguinte parada, na praza dos Bandos de Salamanca tivo lugar entre o 27 e o 29 de xuño e, aínda que a acollida popular foi moi boa, non foi posible ofrecer as actividades gastronómicas de tapas e cócteles por falta de autorización municipal.

Finalmente, a Empresa Municipal de Turismo de Pontevedra tivo que descartar a acción prevista en Madrid despois de que non fora autorizada ningunha das sete situacións solicitadas para o acto promocional. Diante deste problema optouse por buscar unha localidade próxima, co requisito de que superase os 150.000 habitantes e optouse, polas facilidades encontradas, na cidade de Getafe. O evento comezou onte, mércores, e remata mañá, 8 de xullo.

Á hora de elixir as cidades obxectivo tivéronse moi en conta as liñas marcadas polo Plan Estratéxico de Turismo, que recomenda apostar nunha primeira fase pola promoción directa no Norte de Portugal e as comunidades autónomas máis próximas e mellor conectadas do Noroeste peninsular.

O evento tivo unha duración de tres días en cada cidade cun horario de 10 a 14 horas e de 16 a 21 horas. A praza elixida decorouse con totems inchables de 2x2 metros e que reproducen a forma dalgún dos monumentos representativos da cidade, así como outras pezas cos logotipos de “Visit Pontevedra” e o lema Capital das Rías Baixas. A área de información e  de encontro, destinada ao reparto de folletos e exhibición de vídeos, estivo a cargo dunha azafata uniformada.

As actividades gastronómicas realizáronse nun “stand”  en forma de terraza para o público e dotada de 25 cadeiras. Un cociñeiro e un barman encargáronse das tapas e os cócteles.

Na imaxe: Stand de Turismo de Pontevedra en Getafe


Escribir un comentario