O Concello de Vigo deu conta do resultado dun proxecto de cooperación en Nicaragua para a construción de 11 vivendas para otras tantas familias e para a formación da poboación local, realizado a través do Fondo Galego de Cooperación, do que Abelairas é vicepresidenta. A pesar da crise o Goberlo Local mantén o seu compromiso cos países máis desfavorecidos.
Mediante este programa, articuláronse "accións de desenvolvemento comunitario" para mellorar a situación económica da veciñanza nicaragüense, capacitouse ás familias para producir o seu propio alimento, déuselles terra aos que non a tiñan e construíuse un sistema de captación de auga, xa que a seca é un dos problemas máis serios na zona.
A parte educativa desta iniciativa solidaria, na que, por exemplo, os mozos das familias beneficiadas participan nos centros de educación alternativa rural, sedes de formación e diagnose das necesidades das comunidades, en colaboración cos líderes actuais. Tamén mellorouse a seguridade alimentaria das familias atendidas.
Escribir un comentario