hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Vigo inicia a campaña de reparto de 10.000 pulseiras identificativas para prevenir posibles extravíos de nenos nas praias

Sociedad

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

1311855708pulseras O Concello de Vigo presentou a campaña de reparto de 10.000 pulseiras identificativas que permiten localizar con facilidade aos nenos e nenas que se poidan perder en calquera dos arenais de Vigo.

Segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, é frecuente que os nenos se extravíen nas praias e cheguen a estar ata dúas horas perdidos e, normalmente, entran en pánico e non son capaces de facilitar datos cando a Policía os localiza "de ahí a importancia da iniciativa".

Trátase dun mecanismo -abundou- polo que a Policía Local e a Cruz Roja distribúen pulseiras, escritas con tinta indeleble, co nome e un teléfono de contacto dun familiar, de xeito que cando un rapaz se perde e chega a Policía, esta cursa de xeito inmediato unha chamada ao teléfono que figura na pulseira.

"Esta é unha medida que funcionou moi ben o ano pasado. Moitas veces os pais se enteraban de que os nenos se perdían por unha chamada da Policía", destacou. A novidade deste ano é que as pulseiras son reutilizables e podense usar durante 15 días -indicou o rexedor- ao tempo que engadiu que o problema coas do ano pasado é que cada día había que renovar a pulseira e os datos, polo que o posto da Policía se colapsaba.

Avanzou que o ano que ven "perfeccionaremos o peche das pulseiras e as repartiremos en maio en todos os centros escolares". Caballero subliñou o éxito deste sistema, "tanto que xa se aplica noutras cidades de España".

O rexedor agradeceu á Policía o magnífico traballo "que desenvolven nas praias", recordando que hai 17 policías destiñados nos arenais, ademáis de Salvamento Marítimo, socorrismo e os efectivos da Cruz Roja.

Escribir un comentario