Varios vehículos do transporte urbano de Vigo que percorren a liña C3 portarán unha mostra fotográfica do parque vigués, que este ano agarda a visita de 120.000 persoas. O organismo autónomo dependente da Concellería de Medioambiente organiza este verán varios campamentos para rapaces.
O primeiro edil asegurou que "é un pracer visitar o zoo de Vigo", no que o goberno local investiu case un millón de euros en melloras nos últimos anos, entre os que subliñou o nocturama, o recinto dos lobos -cunha partida de 200.000 euros- e unha nova instalación que será aberta ao público próximamente. Caballero apuntou que o obxectivo do Concello é contar cun parque "modélico e exemplar".
Esquelas / Defunciones
Pontevedra



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















